Xa se poden realizar chamadas gratuítas a través de Facebook Messenger

Facebook vén de activar no noso país unha nova funcionalidade na súa aplicación de mensaxería Facebook Messenger, que como sabedes é complementaria á aplicación de Facebook, pensada simplemente para usar como servizo de mensaxería.
Desde agora, pódense facer chamadas entre contactos de Facebook a través desta aplicación, totalmente gratuítas e sen necesidade de saber o teléfono do outro contacto, simplemente téndose como amigos no Facebook.
Funciona tanto a través de WiFi ou sobre 3G, pero hai que ter en conta que o outro contacto debe estar conectado para poder realizar a chamada. Se non tedes instalada esta aplicación, pode que sexa o momento de probala. É gratuíta e pódese descargar desde a Play Store

Sobre o autor

One Response

Reply