Facebook podería presentar un novo teléfono cunha versión de Android adaptada

O rumor recorrente do “teléfono de Facebook” volve á primeira liña tras a convocatoria dun evento de prensa que terá lugar o vindeiro día 4, no que convidan a coñecer a nova “home on Android”.
Se ben é certo que se podería tratar dunha actualización importante na súa aplicación, na liña de adaptarse á nova interface  que xa están comezando a disfrutar algúns usuarios na versión web, todo parece indicar que habería algo máis, e as especulacións levan a un sistema operativo propio baseado en Android (aínda que ao mellor só é unha simple ROM con maior penetración de funcionalidades Facebook).
De presentar un teléfono, HTC ten todas as papeletas para ser o fabricante elixido, pois xa traballaron xuntos no pasado cunha liña de terminais que incluía un “botón Facebook” que ía tendo diferentes funcionalidades relacionadas coa rede social.
En calquera caso, quedan poucos días para descubrir que é certo de todas estas especulacións.

Sobre o autor

Reply