FIConDEV, taller e competición Android na Coruña

A semana do 8 ao 14 de abril celebraranse na Facultade de Informática da Coruña as terceiras xornadas FicOnDev, que este ano incorporan unha novidade importante, a Jam Party, como un reclamo máis ao intenso programa de actividades deses días.
As xornadas acollen diferentes talleres e conferencias sobre modelaxe 3D, Phyton… e tamén sobre Android, sobre o que hai un workshop expecífico do que podedes consultar info aquí.
No que ten a ver coa Jam Party, esta terá lugar durante a fin de semana, comezando o venres 12 de abril ás 20h para rematar o domingo 14 de abril ás 16h. Durante esas 44 horas haberá diversas competicións, 6 principais (Android, Python, BackEnd Web, FrontEnd Web, Deseño 2D, Deseño 3D), 2 secundarias (Real Time Battle, Seguridade) e minixogos (crimpado de cable rápido, atopar bug, adiviñar software, adiviñar linguaxe).
As competicións son por parellas e a clasificación será por un sistema de puntuación que irá otorgando puntos segundo os resultados que se vaian acadando. Entre os premios hai Nexus 7, monitores full HD… destacando ademais que todos son dobres, ao ser por parellas.
Cabe sinalar tamén que os talleres son gratuítos, mentres que a JamParty ten un custe de 15 €. En ambos casos hai que inscribirse previamente para participar.
Podedes achar máis información na web do evento.

Sobre o autor

Reply