O Boletín Oficial do Estado xa se pode consultar nos smartphones e tablets Android

A xente que precisa estar ao día do que se publica no Boletín Oficial do Estado (BOE) ten dispoñíbel desde hai uns días a aplicación oficial que ofrece a Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado.
A través dela poderase acceder directamente aos últimos boletíns publicados ou escoller unha data concreta que desexemos visualizar. Ademais, permite filtrar as disposicións atendendo a criterios de busca por texto ou ben a través de diferentes canles (bolsas, axudas, convenios…).
Se hai algún contido que nos interese (unha disposición, por exemplo), podemos engadila a favoritos para tela a man, descargar o texto completo en formato pdf ou epub ou ben compartir a ligazón por correo electónico ou a nosa rede social favorita.
Nome da aplicación: BOE
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Boletín Oficial del Estado
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply