Facebook presenta Facebook Home e o HTC First

Facebook xa adiantara que quería facer dos nosos Android a súa casa, e hoxe fíxose realidade. A presentación de Facebook Home foi o epicentro das novedades que Mark Zuckerberg e o seu equipo deron a coñecer nunha conferencia de prensa na que tamén houbo espazo para un novo smartphone, o HTC First.

Facebook Home

Como diciamos, a principal novidade foi Facebook Home, que lonxe de ser un sistema operativo ou un fork de Android como se tiña aventurado (segundo Zuck, ese non é o camiño) é unha capa de personalización ou launcher para “todos” os Android, semellante á que integran a meirande parte dos fabricantes nos seus terminais, aínda que neste caso Facebookcentrada.
Este peculiar launcher, que estará dispoñíbel para a súa descarga a partir do 12 de abril na Play Store, introduce as actualizacións de Facebook no noso fondo de pantalla, coa posibilidade de interactuar directamente sen necesidade de entrar nunha aplicación específica. Malia todo, o que máis cobra protagonismo é a mensaxería, con diferentes funcionalidades de presentación das conversas de xeito moi vistoso.


Ademais, as notificacións destas aparacen cunha icona coa imaxe de perfil do noso interlocutor, que podemos reubicar en calquera parte da pantalla. E é que as mensaxes ábrense nun pop up sobre o que esteamos a facer, funcionalidade que nos pareceu máis ca interesante para evitar o engorro de ter que mudar dunha a outra para consultar ou contestar a alguén no chat.
Parece pois que Zuck e compañía non fican alleos á guerra das aplicacións de mensaxería e queren formar parte dela dándolle moito máis protagonismo.
Facebook Home estará dispoñíbel o 12 de abril para Galaxy S III, Galaxy S IV, Galaxy Note II, HTC One X, HTC One X+ e HTC One, aínda que mes a mes irán anunciando novidades, tanto en Facebook Home como de compatibilidade con outros terminais. Ademais, tamén comentaron que traballarán para levar a expereincia ás tablets, aínda que non falaron nada de adaptar a aplicación ás mesmas.
HTC First, novo “Facebook Phone”
Tamén se presentou un novo terminal xunto a HTC, o First, pensado para venderse co selo de Facebook Phone. Cómpre sinalar que non é a primeira vez que o fabricante e a rede social traballan xuntos, pois xa se dera unha colaboración anterior co HTC Chachacha.
O novo smartphone conta cunha pantalla de 4,3 polgadas (1280 x 720 píxeles), procesador de dobre núcleo Qualcomm Snapdragon MSM8960 a 1,5 GHz, 16 GB de memoria interna (non ampliábeis), 1 GB de memoria RAM e dobre cámara, de 5 megapíxeles a principal e de 1,6 a frontal.
Polo de agora unicamente estará dispoñíbel coa operadora estadounidense AT&T por 99,99 $, suxeito a subvención.
Que vos parecen estas novidades de Facebook? Usaredes Facebook Home no voso terminal cando esté dispoñíbel?

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 4 Abril, 2013 Responder

Reply