SuperBeam, o xeito máis doado de compartir arquivos grandes entre smartphones con NFC

Cando temos que compartir algún arquivo grande con outro smartphone dispomos de diversas posibilidades, pero ningunha tan rápida e cómoda como da que vos queremos falar hoxe e que combina a WiFi coas facilidades do NFC. Trátase de SuperBeam.

Basicamente, o que fai esta aplicación é empregar o chip NFC para negociar a interconexión dos dous dispositivos con tan só achegalos polas costas. Deste xeito, ambos smartphones establecerán entre eles unha conexión WiFi (máis rápido) ou empregarán a rede WiFi á que estén conectados (neste caso teñen que estar os 2 na mesma rede) de xeito individual para transferir o(s) arquivo(s) en cuestión.
Nome: SuperBeam
Prezo: Gratuíta
Requisitos: Android 2.3 ou superior (e dispór de terminal con NFC)
Desenvolvedor: Majed Alhajry
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply