Mobilefun, a tenda na que podemos atopar todo tipo de accesorios para os nosos dispositivos

Moitas veces resulta complicado atopar os accesorios acaídos para os nosos dispositivos, smartphones ou tablets, ben porque non se acaban de adaptar por cuestións de tamaño ou ben porque o prezo ou calidade que procuramos non se acomoda ás nosas necesidades.
Hoxe queremos falarvos de MobileFun, unha tenda en liña que dispón dunha gran selección de accesorios, categorizados de diferentes xeitos (por marcas e modelo, por prezo, por marca, por tipo…) para facilitar a busca e, sobre todo, para asegurarnos de que poderemos empregar o produto que seleccionemos no noso dispositivo.
É dicir, se por exemplo buscamos accesorios compatíbeis cun Sony Xperia T, aparecerannos artigos orixinais e tamén doutras marcas que funcionan no noso dispositivo, como podedes ver nesta ligazón.
Como comentabamos antes, o abano de produtos é moi amplo, atopando altofalantes cableados e sen fíos, baterías extra, cables de datos e cargadores, fundas e protectores de pantalla, soportes de coche ou escritorio, cousas compatíbeis con Bluetooth e NFC… vamos, que hai onde escoller, tamén no que ten a ver co prezo.
Pero ademais, configuran packs de produtos, os denominados Ultimate Packs, nos que inclúen diferentes artículos, como o que podemos ver na seguinte imaxe, pensado para un Nexus 7.
En canto aos envíos, MobileFun proporciona diversas opcións para recibir os produtos na casa:
  • Correo ordinario (sen seguimento): 3,50 € – de 4 a 8 días laborábeis
  • Correo con seguimento: 10,50 € – de 3 a 5 días laborábeis.
  • DHL: 14,95 € – 24/48 horas.

Ademais, dispón dunha política de devolucións que permite retornar os produtos que non nos satisfagan nos 30 días posteriores á recepción dos mesmos. En canto aos pagamentos, pódense realizar mediante tarxeta de débito/crédito, PayPal ou por transferencia bancaria.

Podedes achar máis info sobre esta compañía na súa páxina web.

Sobre o autor

Reply