Google anuncia oficialmente a nova Play Store, que muda de deseño

Hai uns días compartimos no Twitter unha captura de como sería o novo deseño da Play Store, que alixeira o seu deseño para facelo, a priori, algo máis accesíbel. Pois xa podemos confirmar que é oficial e que a actualización está en marcha.
Como podedes ver nas imaxes, cobran importancia os xogos, con sección propia máis evidente, e as revistas, que aparecen moito máis destacadas.
Tamén se inclúen imaxes máis grandes nas vistas preliminares, para chamar a atención dos usuarios de maneira visual.
A actualización farase de xeito automático, e recibirase en todos os dispositivos con Android 2.2 ou superior, así que ficade atentos durante as próximas horas ou días.

[Actualización]: Se queredes comezar a disfrutar xa da nova Play Store, deixámosvos o ficheiro apk que podedes descargar desde aquí no voso terminal e instalar como calquera outra aplicación. Lembrade que para iso é preciso que teñades habilitado “orixes descoñecidos” no apartado de seguridade.

Sobre o autor

Reply