As novas tablet Energy Tablet i8 Dual chegarán o 22 de abril

Coa primavera, Energy Sistem presenta as súas novas Tablet i8 Dual, dispositivos cun deseño ultralixeiro e acabados en alumnio, que estarán dispoñíbeis en 3 cores (rosa, azul e prata).
Entre as súas características destaca a pantalla de 8 polgadas (1024 x 768 píxeles e relación 4:3), o procesador de dobre núcleo ARM Cortex A9 e que conta con múltiples conexións, como HDMI Full HD 1080p ou USB Host.
Dispoñen de 1 GB de RAM, memoria ampliábel por microSD de até 64 GB e dobre cámara. Como versión do sistema operativo incorporan Jelly Bean (4.1) practicamente limpo.
A diferenza entre elas é que aversión prata (Silver) ten 16 GB de almacenaxe interna, mentres que a rosa e a azul (Pink, Bluey) 8 GB. Estarán dispoñíbeis desde o 22 de abril por 159 € as versións de 8 GB e 169 € a de 16 GB, uns prezos máis ca competitivos para un mercado en auxe.

Sobre o autor

Reply