A aplicación de TED dispón de conferencias subtituladas en galego

Seguramente case todas e todos coñezades as charlas TED (se non, podedes atopar máis info aquí), nas que diferentes persoas comparten as súas experiencias e proxectos.
A súa aplicación permite acceder de xeito sinxelo aos diferentes vídeos, organizados de diferentes xeitos: por temáticas, por relevancia, por idioma nos que hai dispoñíbeis os subtítulos… neste senso, cómpre sinalar que polo de agora hai 64 vídeso en galego, que quizais non son moitos dentro dos máis de 1300 dispoñíbeis, pero son bastante relevantes e de interese para uso persoal ou en entornos educativos.
Coa aplicación de TED para smartphones e tablets Android, o momento de aprender escollédelo vós 🙂
Nome: TED
Prezo: Gratuíta
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor: TED Conferences
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply