Chegará una nova xeración do Nexus 4 e Nexus 7 no Google I/O?

Do moito que esperamos para o Google I/O deste ano, o hardware non é unha prioridade. A nova versión de Android ou o o servizo que unificaría a mensaxería de Google son sen dúbidas os pratos máis fortes dun evento no que, malia todo, sempre aparecen sorpresas.
O que parece que non será unha sorpresa é que Google estaría preparando xunto cos seus partners a actualización de parte da gama Nexus, concretamenteas versións de 4 e 7 polgadas.
Así, segundo apuntan diversos rumores, Google e Asus terían previsto producir arredor de 8 millóns de unidades da nova versión do Nexus 7 antes e rematar o ano, tendo xa dispoñíbeis máis ou menos un millón á hora de presentalo en maio. Estas previsións tan optimistas estarían ligadas a unha xenial relación calidade / prezo, xa que por 149 € na versión máis básica teríamos unha tablet con procesador SnapDragon 600, pantalla FullHD e 2 GB de memoria RAM.
Doutra banda, o Nexus 4 incorporaría como principais novidades a ampliación da memoria interna até os 32 GB e o soporte para conectividade 4G/LTE.
Ademais, tería todo o sentido que estes dispositivos fosen os encargados de estrenar a nova versión de Android, Key Lime Pie. De calquera xeito, tocará agardar até mediados de maio para ver que se confirma e que se desminte de todo isto.

Sobre o autor

Reply