Imos? actualízase cun novo deseño baseado en Holo e checkins en Foursquare

Hai algún tempo falamos polo miúdo de Imos?, a guía social de Galiza, na que podemos atopar os mellores furanchos, tabernas e praias do noso País. Unha forma lúdica de ir descubrindo novos espazos para disfrutar da boa vida galega desde os nosos smartphones, que agora vén de recibir un importante lavado de cara no seu deseño, baseado no atractivo da interface Holo.
Xa comentaramos que Imos? dálle moita importancia á parte social, de modo que podíamos compartir no Twitter ou no Facebook os nosos descubrimentos cos amigos. Coa nova actualización, engádese tamén a posibilidade de facer checkin en Foursquare, o que simplifica moito as cousas aos que somos tamén usuarios desta ferramenta de xeolocalización, xa que poderemos facer todo desde a propia Imos?
Entre as novidades desta versión tamén temos a posibilidade de engadir lugares e imaxes de forma directa ou enviar avisos para que se corrixa a información dos lugares que aparecen na aplicación, ou se as imaxes que os ilustran son incorrectos.
Sen lugar a dúbidas, estas melloras veñen a facer aínda máis atractiva unha ferramenta que toda e todo galego debéramos ter instalada nos nosos smartphones. Porque a mellor forma de descubrir Galiza é disfrutándoa.
Imos? é compatíbel cos Android 2.2 ou superior. Pódese descargar por 0,89 € na Play Store

Sobre o autor

No Responses

Reply