Verbos irregulares en inglés: aplicacións de consulta e repaso

Poderíamos dicir que todo o mundo que estuda ou estudou inglés dubidou nalgún momento sobre como era a forma pasada ou en participio dalgún verbo irregular. As antigas táboas dan paso agora a aplicacións como as que vos traemos hoxe, que permiten ben repasar, ben consultar as nosas dúbidas desde calquera parte.
A primeira delas, Verbos irregulares Inglés, dispón dun apartado de consulta en listado e outro de test, no que debemos introducir as tres formas (presente, pasado e participio) correctamente para poder superalo.
Ten unha interface extremadamente sinxela, é gratuíta, e está dispoñíbel na Play Store para versións de Android 2.2 ou superior.
Unha versión máis coidada é a que nos ofrece unha aplicación semellante, Verbos irregulares del inglés. A diferenza da anterior, a lista completa vén tamén coa posibilidade de reproducir a pronunciación, aspecto bastante relevante á hora da aprendizaxe.
Tamén ofrece a posibilidade de facer un test para avalizar a nosa evolución, e crear listaxes atendendo aos verbos máis habituais, aos erros que tivemos no test ou escolléndoos manualmente.
Esta aplicación tamén se pode descargar da Play Store de xeito gratuíto para todos os Android con versións 2.2 ou superior

Sobre o autor

Reply