Xa está dispoñíbel o LG OptimusL5 II no noso país

Logo da súa presentación no Mobile World Congress, a partir do 2 de maio chegará tamén ás tendas o LG Optimus L5 II, a actualización do L5, un terminal de entrada que lle deu a LG moi bos resultados de venta durante o pasado 2012.
Dispón dunha pantalla de 4 polgadas IPS con resolución 480 x 800 píxeles, 4 GB de memoria interna (ampliábel por microSD de até 32 GB), procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM. A cámara é de 5 megapíxeles e a batería de 1700 mAh. Ademais, dispón dun indicador LED no botón central para indicar diferentes notificacións.
Vén con Android 4.1 – Jelly Bean e personalización de LG, que inclúe QuickMemo, Cheese Shotter ou Safety Care, entre outras ferramentas

About The Author

Reply