Queremos celebrar os 2000 seguidores no noso Twitter convosco. E que mellor xeito que cun sorteo? Desta vez o agasallo é unha Energy Tablet S9, cortesía de Energy Sistem.
Esta tablet ten unha pantalla de 9 polgadas 16:9, procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB, cámara frontal VGA par facer vídeochamadas…
Ademais tamén permite conectar dispositivos USB grazas á función USB-Host. Como sistema operativo trae Android 4.1 Jelly Bean e dispón dunha batería de 5000 mAh.
Pero iso non é todo. A tablet vén xa con funda, auriculares, cables USB-Host e USB 2.0, o adaptador de corrente e unha toalliña para limpala.
Para participar no sorteo teredes que seguir 3 pasos. Todos eles son imprescindíbeis polo que é importante que leades con atención e non deixedes de facer ningún. Así mesmo, a participación conleva a aceptación das regras e condicións que explicitamos máis abaixo.
- Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a Energy Sistem (@EnergySistem) no Twitter. Hai que seguir ambas contas, non vale seguir unha e outra non.
- Poñer o seguinte tweet: Eu tamén quero a tablet que sortean @mallandroid e @EnergySistem para celebrar que xa somos 2000 androides galegos! http://ir.gl/2000
- Moi importante: cubrir este formulario [SORTEO PECHADO]
Regras e condicións
- O concurso limítase xeograficamente a todo o territorio do Estado español.
- O concurso remata o domingo 19 de maio ás 23.59h.
- O luns 20 de maio á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada un. Haberá de prazo até as 17h dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
- A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 20 de maio” MOD “número de participantes”.
- Os gastos de envío corren a cargo dos organizadores.
- Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
- Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
- A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Moita sorte!!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ola Adrián, deberíache entrar… pero no caso de que non, podes facelo, sempre e cando se conserve o espírito do tweet 🙂
le link del formulario no funciona 🙁
Ola Katxo,
acabamos de probalo e funciona perfectamente. Volve probar: https://docs.google.com/forms/d/1ZY5kbPQdGrGEi_oPth4VbxDEQfw1hAjb9XxiJIhS24A/viewform
Se non che vai, mándanos un correo a android(at)mallando(dot)com