Google Glass: respondendo algunhas preguntas

Todos estamos emocionados coas Google Glass, o novo invento de Google e Android para conectarnos (aínda máis co mundo). Nós estamos emocionados con todas as posibilidades que poden dar de si desde que vimos o primerio vídeo promocional. Pero agora que hai algo máis de 8000 unidades circulando entre os desenvolvedores é cando podemos ver realmente que son, como funcionan e que podemos facer (até o de agora) con elas.

Algunhas características técnicas

O motor das Google Glass está na patilla dereita. Aló agóchase o procesador, a memoria interna (12 GB) e a RAM, o altavoz ou o micrófono. Tamén hai que ter en conta que esta plantilla ten sensores para o acendido, é dicir, que para activalas hai que tocar nela.

Dispón de porto USB, WiFi, Bluetooth, cámara de 5 megapíxeles que grava vídeos a 720p e 8 sensores: xiroscopio, acelerómetro, campos magnéticos, orientación, rotación de vector, aceleración liñal, gravidade e luz.

Como funcionan?
As Google Glass conéctanse ao smartphone a través do Bluetooth, polo que a conexión a Internet ou os datos de GPS tómanse directamente do noso terminal.
Responden a un comando de voz , “Ok Glass”, que podemos rematar con diferentes opcións segundo o que queiramos facer “take a picture”, “hangout with…”, “send a text to…”. Ademais, tamén permiten interacción cos ollos, polo que as posibilidades multiplícanse.No seguinte vídeo pódese ver que se ve nelas cando pedimos que faga algo para nós.
Aínda que é compatíbel con calquera teléfono con Bluetooth está pensada para que teñamos un Android con 4.0.3 (Ice Cream Sandwich) ou superior, que son os dispositivos compatíbeis coa aplicación MyGlass, imprescindíbel para usar cousas que precisen do GPS ou enviar SMS:Que podemos facer con elas?

Parece que os vídeos de “point of view” ou punto de vista son os que levan a palma. Todos queremos compartir nalgún momento que é o que estamos a ver para tentar facerllo sentir a outras persoas. Ben sexa aplicado a deportes ou a unha vista panorámica.

Se a isto sumamos a posibilidade de facer unha hangout, a cousa aínda mellora. Senón mirade este profesor que deu clase aos seus alumnos a través dunha hangout en direcno no CERN de Xenebra:

O futuro será, claro está, o que os desenvolvedores poidan ofrecer. A priori xa se sabe da existencia dunha aplicación para Twitter, outra para Facebook… pero as posibilidades son infinitas e non se limitan ás redes sociais.

Pódeas usar calquera?Non. Google establece nos 13 anos a idade mínima de uso. É a mesma que teñen para poder rexistrar unha conta de servizos (de correo…). Din ademais que até esa idade estamos a desenvolver a vista, polo que non é aconsellábel, ademais de que os nenos poderían danarse por usalas de xeito incorrecto.Cando as poderemos mercar?

É complicado dicilo. Nun primeiro momento comentábase que cara finais de ano, pero as últimas declaracións de directivos de Google apuntan a que non será até o 2014 cando poidamos gastar os cartos nelas.

Información

Google ten unhas FAQ con respostas a outras preguntas, podedes velas aquí.

Sobre o autor

Reply