Xa está dispoñíbel a aplicación oficial de Eurovisión

O Festival de Eurovisión deste 2013 ten dispoñíbel a súa aplicación oficial para Android, unha ferramenta complementaria para todas e todos os eurofans, coa que será moito máis doado facer o seguimento do concurso e dos días previos.
Nela podemos atopar información sobre as cancións participantes dos diferentes países, como tamén sobre os artistas que as interpretan ou as letras das mesmas. O propio día da gala será ademais o lugar no que poder comprobar os resultados en rigoroso directo.
Quen ía dicir cando comezou o Festival, no 1956, que no 2013 faríase un seguemento a través dos teléfonos?
Nome da aplicación: Eurovision Song Contest
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3.3 ou superior.
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply