A Galaxy Note 8 xa está dispoñíbel nas tendas no noso país

A Samsung Galaxy Note 8, que coñecimos o pasado Mobile World Congress, xa está dispoñíbel nas tendas do noso país por 419 € na versión WiFi e 529 € para a WiFi + 3G.
A diferenza coa versión de 10 polgadas, este dispositivo conta coa posibilidade de poder facer chamadas con el, é dicir, poder usar tarxetas SIM que permiten chamar e non unicamente navegación de datos.

Das súas características técnicas destaca que ten un procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD de até 64 GB e dobre cámara (5 e 1,3 megapíxeles). A súa batería é de 4600 mAh.
En canto a software, vén con Android 4.1 Jelly Bean e unha completa suite de aplicacións e funcionalidades software, moitas delas vencelladas ao S Pen.

Sobre o autor

Reply