Google presenta o Samsung Galaxy S4 Google Edition

Non é un Nexus, pero é o máis parecido. Google presentou esta tarde o Galaxy S4 Google Edition, cuxas características técnicas son as que xa coñeciamos agás que conta con Android puro, sen engadidos software de Samsung. Ademais, as actualizacións irán da man de Google, polo que serán tan inmediatas como as do Nexus.
En canto á dispoñibilidade, estará na Play Store a partir do 26 de xuño por 649 dólares.

Sobre o autor

Reply