Xa hai 900 millóns de dispositivos Android activos

Suma e segue: Android segue medrando a paso de xigante.
Cada vez que se ofrecen as cifras de activacións Android os resultados deixan os anteriores ridículos. E os de hoxe non son para menos. Así, aproveitando o Google I/O 2013, comentouse que xa hai no mundo 900 millóns dispositivos Android activos.
As razóns deste crecemento veñen dadas por moitos factores. Obviamente unha delas é o prezo, xa que con dispositivos como a Nexus 7, unha tablet con boas prestacións e prezo baixo, a penetración é maior. Mais tamén temos que fixarnos no potencial dos fabricantes que están a traballar duro para ofrecer nas gamas altas grandes prestacións hardware e software. Como non, falamos de terminais como o Samsung Galaxy S4, o HTC One, o Sony Xperia Z ou o LG Optimus G, que combinan un sistema operativo de grandes potencialidades coas innovacións dos fabricantes máis punteiros.

Sobre o autor

Reply