A Google TV actualizarase a Android 4.2.2

Android na televisión. Esa é a idea da Google TV, unha serie de dispositivos que ao noso país non  chegaron potenciados do xeito no que foran pensados, transformándose o concepto en alternativas de fabricantes que adaptaron Android para as pantallas de televisión, pero que non debemos confundir cos dispositivos Google TV.
Sen embargo, Google volveu sacar o tema no I/O anunciando que actualizará o sistema a Android 4.2.2 Jelly Bean, aínda que sen entrar en consideracións de que melloras terá ou se haberá diferenzas respecto do sistema operativo na versión para móbiles. O anuncio tamén levou parella a nova de que actualizarán Chrome para a Google TV cada seis semanas, para ir engadindo novas melloras.
Malia todo, non confirmaron unha data concreta para que estas actualizacións das Google TV sexan levadas a cabo. Simplemente comentaron que sería “nas próximas semanas”.

Sobre o autor

Reply