Hangouts terá soporte para sms

Onte estreouse a nova aplicación de mensaxería de Google, Hangouts, se ben é certo que con luces e sombras, pois descubrimos unha incompatibilidade inicial coas tablets (incluídas as gamas Nexus) e con certos smartphones que malia aparecerlles como instalada aínda seguen tendo o Google Talk antigo.
Así mesmo, non todo o mundo ten aínda activado este servizo no chat de Gmail (si no de Google+), algo que será cuestión de horas/días que se vaia amañando. O tema dos smartphones e tablets imaxinamos que se irá corrixindo con actualizacións nestes días, polo que non debera ser un motivo de preocupación.
Así mesmo, hoxe vimos de saber que Hangouts tamén terá integración cos sms, que se ben é certo que semella un servizo que tende a desaparecer, aínda hai moitos usuarios que demandan que esté presente.

Sobre o autor

One Response

  1. daniel 20 Maio, 2013 Responder

Reply