Logo do lanzamento onte de Play Games, Google vén de confirmar que o vindeiro 30 de xuño botarán o peche os xogos integrados na plataforma social Google+ tal e como os coñecemos até o de agora.
As razóns deste peche son basicamente dúas: a primeira que non ten sentido manter dúas plataformas de xogos, xa que Play Games ten unha gran vinculación a Google+, tal e como comentamos onte na nova sobre o seu lanzamento. Doutra banda, os xogos actuais teñen un baixo número de usuarios, o que tampouco resulta moi sostíbel.
Que vos parece a vós a idea de que exista unha nova plataforma de xogo?
Eu ata que non teña un sitio central, xa sexa unha aplicación, xa sexa na web, onde ver os datos da API de Play Games non estarei contento >.<