Os xogos de Google+ pecharán o 30 de xuño. A razón? Play Games

Logo do lanzamento onte de Play Games, Google vén de confirmar que o vindeiro 30 de xuño botarán o peche os xogos integrados na plataforma social Google+ tal e como os coñecemos até o de agora.
As razóns deste peche son basicamente dúas: a primeira que non ten sentido manter dúas plataformas de xogos, xa que Play Games ten unha gran vinculación a Google+, tal e como comentamos onte na nova sobre o seu lanzamento. Doutra banda, os xogos actuais teñen un baixo número de usuarios, o que tampouco resulta moi sostíbel.
Que vos parece a vós a idea de que exista unha nova plataforma de xogo?

Sobre o autor

One Response

  1. Iván Estévez 17 Maio, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iván Estévez Cancelar a resposta