No 17 de maio, tamén Queremos Galego

Neste 17 de maio, en Mallando no Android queremos sumarnos ás celebracións do Día das Letras Galegas, mais lembramos que o compromiso coa nosa lingua debe ser diario e a todos os níveis.
Aproveitando que tamén é o Día de Internet, queremos reivindicar a necesidade de que a nosa lingua teña un maior peso na rede. Neste senso, a máis que probábel aprobación do dominio .gal nos próximos meses será un chanzo importante neste longo camiño, mais tampouco podemos descoidar a produción de contidos na nosa lingua, algo que tentamos facer aquí todos os días. No tocante a Android, haberá que traballar arreo para que o galego esté presente no sistema operativo base e non dependa das votades dos diferentes fabricantes.
Poñamos pois a nosa lingua rústica na rede e no mundo, porque aínda temos moito que dicir nela. 1000 primaveras máis para o Galego!

Sobre o autor

Reply