80 Xenon, a nova tablet 3G de Archos

Con certa frecuencia recibimos consultas sobre que é mellor, se mercar unha tablet WiFi ou WiFi+3G. E malia que hai algún tempo fixemos un artigo relacionado, a resposta máis lóxica é depende, pois a utilidade que lle vaiamos dar é o factor decisivo para escoller unha ou outra.
Para quen busque unha tablet WiFi+3G, Archos vén anunciar un novo dispositivo destas características, a Archos 80 Xenon, que conta cunha pantalla IPS de 8 polgadas e resolucón de 1024×768 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz con 1 GB de RAM e capacidade de microSD de até 64 GB. 
En canto a software, vén con Android 4.1 Jelly Bean, aínda que tamén inclúe o Archos Media Center, unha aplicación pensada para disfrutar de vídeo e música e que ademais de permitir a compartición de multimedia de forma inarámica tamén permite engadir subtítulos de xeito doado.
Estará dispoñíbel no mes de xuño por un prezo máis que atractivo: 179,99 €.

Sobre o autor

Reply