Google Drive actualízase mellorando a interface e con novas funcionalidades

Estes días estamos a recibir actualizacións da meirande parte das aplicacións de Google. A última dela s chegaba esta mesma tarde e trátase de Google Drive, ferramenta que nos serve como disco duro virtual e tamén para a creación e xestión de documentos logo da integración co desparecido Google Docs.
O primeiro que chama a atención da actualización é o redeseño da súa interface, que se fai máis atractivo visualmente e engade unha barra lateral de navegación. Así mesmo, tamén incorpora a visualización dos arquivos en cuadrícula, deseño que xa vimos no Google+ hai algún tempo.
Pasando ás funcionalidades que van máis aló do deseño temos unha nova función de escaneado con OCR (recoñecemento de caracteres) e a posibilidade de descargar ao noso dispositivo os arquivos, función que até o de agora unicamente ficaba reservada para a versión web.
Podedes descargar esta aplicación na Play Store ou comprobar no voso teléfono se xa vos saltou a notificación.

Sobre o autor

Reply