O Alcatel One Touch X’Pop aterra no noso país

Continúa o desembarco de terminais Android da man do fabricante francés Alcatel, desta vez coa chegada do One Touch X’POP, un dispositivo que definen como divertido e sinxelo. Razón seguramente non lles falte, e é que este novo membro da familia One Touch chega nunha ampla gama de cores, para que cada quen poida escoller o que se axuste aos seus gustos.
Dispón dunha gran pantalla de 4,5 polgadas qHD e resolución 540 x960, aínda que as prestacións máis técnicas son algo máis modestas. Neste senso, o seu procesador é un dual core a 1 GHz, ten 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e dobre cámara, a principal de 5 megapíxeles con gravación de vídeo a 720p HD e unha secundaria VGA.
Na súa fabricación destacan os materiais, estando recuberto cunha capa que (din) repele o pó e a graxa dos dedos, que tanto afean as pantallas. No que ten a ver co sistema operativo, leva Jelly Bean (Android 4.1).
Comercialízase por 179 euros no mercado libre, aínda que tamén se pode coller con Yoigo e a operadora de cable Euskaltel.

About The Author

Reply