ChefPad, unha tablet para os máis cocinillas

Cada vez estase a estilar máis ter dispositivos pensados par usos mois específicos; non hai moito Iberia anunciaba a introdución dunha gama de tablets entre o seu persoal para axilizar todo o tema de control dos seus avións que, estando baseadas en Android, contaban con características técnicas específicas para un entorno de traballo hostil.
Mais hoxe queremos falarvos de ChefPad, unha das novas tablets de Archos, que neste caso está pensada para situarse preto dos fogóns e botarnos unha man coas tarefas da cociña.
Das súas características máis técnicas destacamos o seu preocesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis e que dispón de dobre cámara. Así mesmo, ten unha pantalla de 9,7 polgadas.
Dispón dunha funda protetora de silicona, pare evitar as salpicaduras de auga ou comida, ademais de ser (din) de limpeza doada. Tamén  inclúe un soporte axustábel no ángulo para poder situala a diferentes alturas á hora de estar visualizando contidos nela.
Xa na parte software, conta con Android 4.1 – Jelly Bean, no que se engade Apps Chef, unha serie de funcións que permiten buscar receitas de cociña. videotitoriais e programas de televisión… así como tamén información sobre dietas saudábeis.
Estará dispoñíbel no mes de xuño por 179 €

Sobre o autor

Reply