Nexus 4 en branco: mañá ponse á venda en Hong Kong, no resto do mundo en cuestión de "semanas"

Se estabades a agardar que saise o Nexus 4 en branco para facervos con el, noraboa, xa é oficial. LG vén de confirmar que mañá sae á venda e Hong Kong a nova versión do último teléfono da saga Nexus, para ir aparecendo paulativamente na Play Store do resto do planeta.
Malia que se tivo rumoreado moito sobre este dispositivo, xa que se especulaba coa posibilidade de que servise para introducir unha nova versión de Android (4.3), non hai absolutamente ningún cambio, agás a cor, obviamente. Aínda que ollo, só na capa traseira
Lembrámosvos que este dispositivo pure Google conta cunha pantalla de 4,7 polgadas con resolución 1280 x 768, procesador de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, versións de 8 e 16 GB de memoria, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles e 2100 mAh.
Tampouco mudan os prezos, 299 € (8 GB) e 349 € (16 GB), o que sitúa a este dispositivo como unha das mellores relacións calidade – prezo do mercado.

Sobre o autor

Reply