Optimus GJ, a aposta de LG polos terminais resistentes á auga

Xa temos falado no blogue de diferentes dispositivos a proba de auga, aínda que na meirande parte dos casos veñen da man de fabricantes pouco coñecidos e especializados. Seguramente a primeira gran aposta foi o Sony Xperia Z e agora LG dá a coñecer o seu produto waterproof: trátase do Optimus GJ, que xa foi presentado oficialmente.
Conta cunha gran pantalla de 5,7 polgadas e tecnoloxía IPS HD, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. Tamén incorpora 2 cámaras, a principal de 13 megapíxeles e unha frontal da que non se comentaron as características.
A batería é de 2280 mAh e conta con Jelly Bean como versión do sistema operativo. Malia todo, a característica máis destacábel é a súa resistencia á auga, pois é capaz de aguantar 30 minutos sumerxido a 1 metro de profundidade.
A súa aparición no mercado agárdase para o vindeiro mes de xuño en Taiwan por un prezo que rondará os 600 dólares, aínda que polo de agora non están previstas datas europeas.
Vía

Sobre o autor

Reply