Os plan renove chegan a bq

O fabricante bq vén de poñer en marcha un Plan Renove que afecta ás súas tablets e e-readers, co que pretenden que os usuarios que cambien os seus dispositivos actuais por uns de nova xeración reciban un desconto, de entre 50 e 70 euros nas tablets e de 20 nos e-readers..
O desconto é aplicábel para facerse cas novas tablets bq Edison, bq Elcano, bq Curie e bq Maxwell Plus. Doutra banda, as antiguas tablets que se poden entregar para a promoción son as bq Verne, bq Darwin, bq Voltaire, bq DaVince, bq Newton, bq Galileo, bq Tesla, bq Platón, bq Hypatia, bq Pascal e bq Kepler.
O obxectivo deste plan é maioritariamente medioambiental, reciclando as compoñentes dos dispositivos que están en desuso, e estará dispoñíbel até finais de xuño. Para poder disfrutar del hai qeu seguir os seguintes pasos:
  1. Contactar co departamento de soporte no 91 787 67 06 ou a través de soporte@bqreaders.com
  2. bq recollerá o dispositivo na casa, sen custe. 
  3. O usuario recibirá por email o cupón de desconto para a tenda en liña de bq
Así que se tedes unha tablet bq e estades pensando en actualizala, aproveitade esta oferta.

Sobre o autor

2 Comments

  1. daniel 31 Maio, 2013 Responder

Reply