Google Calendar tamén se actualiza: eventos con cores personalizadas e novos menús de selección

Semella que hoxe é día de actualizacións de aplicacións importantes. A última delas, Google Calendar,  seguramente unha das menos adaptadas á coidada interface xeral das aplicacións da compañía de Mountain View.
Con esta nova versión, cuxos cambios serán para terminais con versións de Android 4.2.1 ou superior, resulta máis sinxelo destacar os eventos de calendario con diferentes cores. Ademais, tamén resulta moito máis agradábel visualmente a creación de eventos, pois os menús de selección son totalmente diferentes e modernos.
A actualización podédela atopar na Play Store do voso dispositivo ou na versión web. Que vos parecen estes cambios?

Sobre o autor

Reply