"Los tres cerditos", un conto infantil interactivo co que aprender idiomas

As tablets están a xogar hoxe en día un papel moi importante na educación e na aprendizaxe. De feito,  cada día son máis os centros educativos que están a traballar con aplicacións optimizadas para estes dispositivos que permiten levar a cabo unha aprendizaxe máis interaciva e divertida para os pícaros.
Neste senso, un papel fundamental é o que xogan os libros interactivos como Los tres cerditos, do que hoxe vos queremos falar. Trátase dunha aplicación made in Galiza que conta a historia do conto que todas e todos coñecemos, mais a diferenza do modo tradicional a meniña ou meniño que esté a usalo pode ir interactuando coas diferentes pantallas, nas que hai animacións e efectos sonoros que fan a historia máis entretida.
O conto permite escoller o idioma no que ler a historia, entre o inglés, español e francés; ademais tamén dispón da posibilidade de activar a narración por voz, aínda que é unha funcionalidade que polo de agora só está dispoñíbel en español (engadiranse novos idiomas). Como podedes imaxinar, este tipo de ferramentas resultan máis ca interesantes para a aprendizaxe de idiomas.
Que vos parece?
Nome da aplicación: Los tres cerditos
Prezo: 0,73 €
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Neobit Studio
Descarga: Play Store

Sobre o autor

2 Comments

  1. Adrián 20 Agosto, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 20 Agosto, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta