Emparellados, outro xogo quebracabezas aditivo

Hoxe queremos falarvos dun destes xogos que pola súa sinxeleza manteranos enganchados e fará que os nosos tempos mortos pasen máis axiña. Trátase dun quebracabezas que ademais está feito en Galiza. O seu nome, Emparellados.

O obxectivo do xogo é ir superando os diferentes níveis nos que van aparecendo bloques con froitas que debemos ir emparellando en grupos de 2 ou máis para facelos desaparecer, pero coidando non deixar ningún sen parella. As dificultades veñen, claro está, conforme se vai aumentando o nível e van complicándose os retos. Así mesmo, tamén existe un cronómetro que marcará o tempo máximo para resolver o quebracabezas en cuestión.
O xogo ofrécese en dúas versións, unha gratuíta e outra de pagamento. A primeira delas ofrece 45 níveis repartidos en 3 capítulos mentres que a segunda ten 150 níveis en 6 capítulos, polo que aínda teremos entretemento para un bo anaco.
Nome da aplicación: Emparellados
Prezo: Gratuíta / 1,21 €
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Alberto Gato Otero

Sobre o autor

4 Comments

  1. Anonymous 30 Maio, 2013 Responder
    • Glob 30 Maio, 2013 Responder
  2. Anonymous 30 Maio, 2013 Responder
    • Glob 30 Maio, 2013 Responder

Reply