FairPhone, o comercio xusto chega aos fabricantes de dispositivos

Roupa, electrónica… grandes doses dos produtos que consumimos teñen unha orixe ou uns procesos de fabricación que son descoñecidos para a inmensa maioría. Paramos a pensar que hai detrás dun terminal cando o mercamos? Cales son as condicións dos traballadores que ensamblan as pezas? De onde proceden e como foron extraídas as materias primas dos materiais que empregan?

O comercio xusto pretende dar resposta a esas cuestións, xustificar que o produto que temos nas mans chega a nós nun proceso no que se garante que se cumpren uns mínimos éticos ou que se pagan prezos acordes e non infravalorados nas materias primas, entre outras moitas cousas.

Froito deste comercio xusto naceu o proxecto que dá vida a Fairphone, un terminal que está dando moito que falar nestas últimas semanas, xa que se trata dun dispositivo que pretende ser fabricado por traballadores que teñen un salario digno e unhas condicións laborais mellores que as habituais na súa contorna.
As características técnicas do terminal pasan por unha pantalla de 4,3 polgadas e resolución 960 x 540 píxeles, procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interna e dobre cámara, de 8 e 1,3 megapíxeles. Inclúe dobre SIM, para poder empregar 2 liñas no mesmo dispositivo e trae a última versión de Android dispoñíbel, a 4.2, cunha interface personalizada.

O proxecto levarase a cabo se se consegue chegar a 5000 unidades vendidas antes do 14 de xuño. Cada unha delas ten un prezo de 325 €, máis que aceptábel tendo en conta as características técnicas do trebello.

Podedes atopar máis información na súa páxina web.

Sobre o autor

One Response

  1. daniel 31 Maio, 2013 Responder

Reply