Tuenti actualízase para seguir mellorando a rede social

A rede social Tuenti vén de lanzar nova versión da súa aplicación para Android á que se foron incorporando melloras nas funcionalidades que tamén recibiron un lavado de cara nos últimos tempos.
Nela inclúese a posibilidade de recibir, ler e enviar mensaxes privados aos amigos da rede, que recibirán as notificacións das mensaxes novas como unha nova mensaxe de conversación. Ademais, no caso de que se teñan abertos varios fíos de conversa co mesmo amigo, pódese acceder a todos eles desde o menú superior da propia ventá de chat.
Tamén recibe cambios a versión web no que ten a ver cos vídeos, aparecendo dúas listaxes: vídeos vistos e compartidos e Top Tuenti. A primeira delas agrupa os vídeos que o usuario ve ou comparte cos seus amigos, mentres que Top Tuenti resulta ser unha recopilación dos máis vistos na rede social.
Podedes descargar a nova versión desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply