Samsung presenta o Galaxy Ace III

Logo de renovar o seu terminal de referencia, Samsung vén de dar a coñecer unha das súas apostas pola gama media coa presentación oficial do Galaxy Ace III, un dispositivo que se comercializará en 2 versións diferentes (e con diferentes características técnicas) dependendo do mercado.
A versión 4G-LTE vén cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 8 GB de memoria intena e batería de 1800 mAh, mentres que na 3G estas características veranse reducidas até o 1 GHz, 1500 mAh e 4 GB de memoria. O que non cambia entre eles é a cámara principal, de 5 megapíxeles, o 1 GB de RAM e a posibilidade de ampliar memoria a través de tarxetas microSD, así como tampouco a versión de Android (4.2) que implementan.
Polo de agora descoñecemos o prezo e se ao noso país chegará só un ou ambos, posto que como sabedes xa está dispoñíbel a rede 4G de Vodafone e en breve as de Orange e Yoigo.

Sobre o autor

Reply