One Touch Scribe HD: o tabletphone de Alcatel xa está dispoñíbel no noso país

Até hai ben pouco parecía que os fabricantes estaban a loitar por facerse un oco no sector das tablets, mais agora xa temos un novo campo de batalla: as tabletphones, eses dispositivos que se sitúan a medio camiño entre smartphones grandes e tablets pequenas, e que resultan unha ferramenta de traballo básica para moita xente.
A alternativa de Alcatel vén de poñerse á venda no noso País, logo da súa presentación durante o pasado Mobile World Congress de Barcelona. Trátase do One Touch Scribe HD.
Este dispositivo conta cunha pantalla de 5 polgadas HD (neste senso sitúase nun tamaño inferior aos seus competidores) repelente a pó e graxa. O procesador é de 4 núcleos a 1,2 GHz, a cámara principal de 8 megapíxeles e a frontal de 1,3. Incorpora 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSDs de até 32 GB) e 1 GB de RAM. A súa batería é de 2500 mAh.
Vén con Android 4.1 Jelly Bean ao que se engaden diversas aplicacións como Scribe Note, pensada para sacarlle todo o partido ao lapis que incorpora e poder tomar notas, garabatear ou editar documentos ou Montage App, orientada á edición de vídeo.
O pack no que se comercializa inclúe unha tapa MagicFlip, con suxeción magnética para protexer a pantalla de posíbeis rabuñadas.
Está dispoñíbel a través da operadora Yoigo desde 240 euros.

Sobre o autor

Reply