O Samsung Galaxy Mega 6.3, dispoñíbel desde mañá por 529 euros

Samsung vén de anunciar que mañá pon á venda o novo Galaxy Mega 6.3, un terminal a medio camiño entre smartphone e tablet, pero que non inclúe stylus como o Galaxy Note, o dispositivo de referencia do fabricante coreano neste tamaño.
O Galaxy Mega ten unha pantalla LCD HD Super Clear de 6,3 polgadas, procesador de 4 núcleos a 1,7 GHz, 1,5 GB de RAM e 8 ou 16 GB de memoria interna (segundo versión) ampliábeis por microSD de até 64 GB. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, quedando a frontal en 1,9, e a batería de 3200 mAh. Ademais, ten conectividade 4G-LTE, o que permite conectarse ás novas redes das operadoras españolas.
En canto a software, vén con Android 4.2.2 – Jelly Bean, con interface TouchWiz de Samsung, que ademais inclúe as funcionalidades que vimos no S4, como Group Play, WatchON, S Translator ou Samsung Link, entre outras. Tamén están MyFiles, S Memo e S Planner, aplicacións máis asociadas ás Galaxy Note, é dicir, a un dispositivo de traballo.
Estará á venda desde mañá por 529 euros.

Sobre o autor

Reply