O ZTE Grand X xa se pode mercar no noso país

ZTE vén de anunciar o desembarco no noso país dun dos seus smartphones de referencia, o Grand X, co que pretenden ofrecer aos usuarios unha alternativa no sector da gama media-alta.
Cunha pantalla de 4,6 polgadas, o Grand X incorpora un procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz fabricado por Intel, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna que poden ser ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, mentres que a frontal é VGA.
Chama a atención que veña con Android 4.0 (Ice Cream Sandwich) e non unha das últimas versións Jelly Bean (4.1 ou 4.2), aínda que ao seu favor cómpre sinalar que trae a versión pura, sen personalizacións.
Mais seguramente o mellor de todo é o prezo, xa que o podemos atopar libre en Media Markt por 220 euros.

Sobre o autor

Reply