LG confirma a chegada do Optimus G Pro ao noso país

LG vén de confirmar a chegada dun novo terminal ao seu portfolio Android, o Optimus G Pro, que chega para acompañar ao xa coñecido Optimus G, pero con máis dunha diferenza.
Para comezar, a pantalla do Optimus G Pro sobrepasa a barreira das 5 polgadas, concretamente 5,5, con tecnoloxía Full HD IPS e unha resolución 1920 x 1080, o que nos dá unha densidade de 400 ppp. O seu procesador é un Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 1,7 GHz, complementados con 32 GB de memoria interna e 2 GB de RAM. Ten dobre cámara (13 e 2,1 megapíxeles) e batería de alta capacidade (3140 mAh).
Deseño e acabados seguen a liña principiada polo irmán pequeno, con un estilo premium e reducindo os marxes “non útiles” do teléfono, como os marcos, á mínima expresión. Así mesmo, incorpora a última versión de Android e é compatíbel coas redes 4G/LTE.
A súa chegada está prevista para o verán.

Sobre o autor

Reply