Sony Xperia C, o novo dual SIM de Sony

Até non hai moito non era moi habitual descubrir por estes lares terminais Dual SIM de fabricantes “coñecidos”, mais semella que ultimamente as tornas están cambiando. Hoxe queremos falarvos do novo dispositivo de Sony con esta característica, o Xperia C.
O trebello conta cunha pantalla de 5 polgadas qHD (960 x 540 píxeles), procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e unicamente 4 GB de memoria interna, malia que ampliábeis por microSD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, sendo a dianteira unicamente VGA. Tamén incorpora NFC para todo o tema de conexión por contacto.
Vén con Android Jelly Bean (4.1) e, como era de agardar, coa Xperia UI de Sony. Nun primeiro momento vai saír á venda na China, aínda que non se descarta a súa expansión a outros mercados como o europeo.

About The Author

Reply