Energy Extra Battery 10000, enerxía infinita para os teus gadgets

Seguramente o problema que máis adoecen os nosos gadgets é a autonomía, sempre escasa. E é que o que antes era un teléfono é agora unha ferramenta de comunicación, de entretemento e de ocio. Todo o axetreo que lle metemos aos nosos smartphones e outros gadgets tradúcese en autonomías que rara vez pasan do día.
Pensando nesa eiva xurden as baterías externas como a Energy Extra Battery 10000, que nos permite cargar os nosos gadgets grazas aos 10000 mAh de capacidade, un complemento bastante idóneo para cando imos de viaxe ou a lugares nos que dubidamos se teremos acceso a unha toma de enerxía.
Entre as vantaxes desta batería portátil está que conta con 2 saídas USB, o que nos permitirá cargar varios dispositivos á vez (por exemplo, smartphone e tablet). Ademais, inclúe no pack de venda 8 conectores intercambiábeis que permiten adaptarse a diferentes gadgets (cámaras, consolas portátiles…).
Dispón de saída de 2000 mAh para unha carga rápida e un sistema intelixente de proteción de sobrecargas, picos de tensión ou cortocircuítos.
Ten un prezo de 49,90 € e pódese mercar na Energy Store

Sobre o autor

One Response

  1. Milucho 10 Xullo, 2013 Responder

Reply