Jelly Bean xa é a versión de Android máis usada

Segundo as últimas cifras feitas públicas por Google, Jelly Bean (4.1 / 4.2) acaba de sacarlle o posto a Gingerbread (2.3) como a versión máis empregada cunha presenza no 37,9 % de dispositivos.
O segundo posto pasa para quen até o de agora reinaba, Gingerbread, que acapara o 32,3 % de dispositivos, o que demostra un verdadeiro salto xeracional entre os terminais que quedaron en Froyo – Gingerbread e os que deron o salto a Ice Cream Sandwich – Jelly Bean.
Sorprende o baixo número de tablets que conserva Honeycomb (0,1%), a versión de Android pensada para este tipo de dispositivos e que perdeu todo o sentido coa chegada de Ice Cream Sandwich, encargada de unificar versións entre smartphone e tablets.
Igualmente baixa é a presenza de Donut (1.6%), Eclair (1.4%) e Froyo (3.1%), das que imaxinamos que, sobre todo nas dúas primeiras, conservaranse terminais a modo de reliquia friki.

Sobre o autor

Reply