Amazon presentará novas Kindle Fire, as súas tablets baseadas en Android

Amazon ten desde hai meses á venda as Kindle Fire, as súas propias tablets que levan por sistema operativo un fork de Android, é dicir, unha versión modificada que vai máis aló das habituais capas de personalización ás que nos teñen acostumados os fabricantes.
Segundo parece, este mesmo ano sairán novas versións que volverán a loitar por facerse un oco apostando por prezo baixo, xa que Amazon vende estas tablets para que o público merque contido na súa tenda. É dicir, véndenos un produto co que contan sacar cartos a medio prazo.
A actualización de características técnicas nos novos dispositivos estaría centrada na mellora da resolución de pantalla. Así, a nova Kindle Fire de 7 polgadas pasaría a 1280 x 800, mentres que a Kindle Fire HD de 8,9 terá 2560 x 1600 píxeles, polo que as melloras serán considerábeis.
Está previsto que se den a coñecer despois do verán.

Sobre o autor

Reply