Durante o Google I/O coñecemos o novo Google Maps, cun deseño totalmente renovado e interesantes novidades en canto a transporte e busca de establecementos. Se ben é certo que a nova versión web xa leva semanas na rede, hoxe comezou a distribución da actualización da aplicación á versión 7.0 para smartphones e tablets con Android 4.0.3 ou superior.
Nela podemos ver, ademais dunha nova interface, melloras que van na liña de descubrir lugares (i.e. locais) e transporte / tráfico. Mais tamén, con esta actualización pérdense importantes funcionalidades como os relacionados con ubicación (Latitude, historial de ubicacións…) e cos mapas personalizados (os mapas que facemos con marcadores).
A actualización deberíavos ter chegado xa ou estar a piques de recibila se tedes un dispositivo con Ice Cream Sandwich ou Jelly Bean. De todos os xeitos, se non vos gusta e queredes seguir conservando as funcionalidades perdidas podedes non actualizar ou desactualizar.
Pois a perda da posibilidade de empregar os propios marcadores/rutas paréceme que é un mal paso. Polo menos na miña experienza era algo que empregaba bastante a miúdo.
O resto de cambios semellan só trocos para actualzar a interface a Holo.
Consecuenza: non actualizarei.
Ola Canselleiro,
pois afortunadamente xa comentaron que nunha pronta actualización correxirán o tema dos marcadores, non así o de Latitude, que desaparecerá a partir do 9 de agosto.
Un saúdo