Wolder lanza a Wolder miTab FUNK, unha tablet para todos os petos

Quen dixo que as tablets son caras? Desde Wolder queren romper ese tópico co lanzamento da miTab FUNK, un dispositivo de características modestas e un prezo máis ca axustado: só 79 euros.
A miTab FUNK conta cunha pantalla de 7 polgadas (resolución 800 x 480) e 5 puntos táctiles (é dicir, recoñece o movemento de 5 puntos de presión á vez), procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e cámara frontal. Como sistema operativo conta con Ice Cream Sandwich totalmente limpo.
Como vedes, non hai grandes características técnicas (sería a repanocha nun dispositivo deste prezo), mais serven para cumprir en usuarios básicos e que vaian facer un uso moderado.
Xa se atopa dispoñíbel na Wolder Store.

Sobre o autor

Reply