Tuenti actualiza a súa aplicación Android con melloras para compartir imaxes e un novo centro de notificacións

Na súa aposta por Android, Tuenti vén de anunciar a dispoñibilidade dunha nova actualización da súa aplicación, cuxas principais novidades teñen que ver coas imaxes. Así, agora pódense compartir fotos directamente desde a galería do terminal ou albumes completos a partir de conversas en grupos.
Así mesmo, o centro de notificacións simplifícase para combinar as pestanas de Xente e Actividade, polo que todas as notificacións (xente, momentos, comentarios no taboleiro e demais) fican centralizadas nun único lugar.
Podedes descargar a nova versión da aplicación desde a Play Store

Sobre o autor

Reply