BlackBerry Messenger chegaría antes de setembro

Aínda que aí atrás comentouse que o 27 de xuño sería a data para o lanzamento das versións para Android e iOS de BlackBerry Messenger, semella que esa información proviña dunha fonte falsa.
Sen embargo, un directivo da compañía na India asegurou esta semana que a agardada (mais… tardía?) aplicación de mensaxería chegará aos nosos dispositivos ao longo do verán, o que apunta a setembro como o mes escollido para o seu lanzamento.
Credes que terá éxito nun momento no que hai ducias de alternativas xa implantadas de mensaxería instantánea? Mirarán de darlle un enfoque máis profesional?

Sobre o autor

Reply